Nesta sección atoparase información sobre as distintas actividades que teñen lugar no Concello de Vila de Cruces.

Para unha maior claridade divídese a sección en distintas subseccións:

  1. Actividades continuas. Aparecen neste apartado aquelas actividades que se levan a cabo dun xeito periódico durante un determinado tempo.

  2. Actividades eventuais. Móstranse aquí aquelas actividades que teñen lugar dun xeito puntual e que non se van repetir, polo menos, durante un determinado espazo de tempo.

  3. Instalacións. Faise un resumo daquelas instalacións do Concello de Vila de Cruces nas que se poden desenvolver diversas actividades, tanto culturais como deportivas.

  4. Asociacións e clubes. Este espazo está reservado para informar das distintas asociacións e clubes que existen no Concello de Vila de Cruces.

  5. Galería. Apartado multimedia onde se recollen diversos momentos das actividades desenvoltas no Concello de Vila de Cruces.