Concurso de Escaparates de Nadal 2020

O obxecto da presente convocatoria é realizar un concurso de escaparates entre os comerciantes de Vila de Cruces coa finalidade de promocionar o comercio local.

Beneficiarios: Poderán participar neste concurso os comerciantes con establecementos ubicados no municipio de Vila de Cruces.

O importe dos premios será o seguinte:

  • Primeiro premio: 175 €.
  • Segundo premio: 125 €.
  • Terceiro premio: 100 €.
  • Cuarto premio: 70 €
  • Premio á orixinalidade: 75 €.

O premio á orixinalidade será para o escaparate que conteña elementos que o fagan especialmente orixinal. Este premio poderá recaer en calquera dos catro escaparates premiados ou nun distinto.

Os comerciantes que desexen participar deberán presentar solicitude no rexistro do Concello, a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ata o 11 de decembro de 2020.

Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación con carácter obrigatorio:

  • Solicitude asinada polo titular ou representante legal do establecemento.
  • Fotocopia do DNI do solicitante e no seu caso do CIF.
  • No caso de empresas, escritura de constitución e DNI do seu representante.

A convocatoria, os anexos e formularios estarán dispoñibles na páxina web do concello www.viladecruces.gal.

O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva. O xurado deberá valorar os seguintes criterios:

  • Presentación: de 0 a 10 puntos
  • Creatividade: de 0 a 10 puntos
  • Orixinalidade: de 0 a 10 puntos
  • a utilización dos artigos do establecemento: de 0 a 10 puntos.
  • cor e iluminación que creen unha esfera diferente á hora de promocionar os productos en venda do establecemento: de 0 a 10 puntos.

Os escaparates deberán permanecer iluminados alomenos ata as 23:00 horas durante a campaña navideña. O xurado non avaliará os escaparates antes do 18 de decembro.

 

SOLICITUDE DE PARTICIPACION NO CONCURSO DE ESCAPARATES 2020