Galeuropa Val do Ulla convoca unha nova edición

 

Os Concellos de Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces- veñen de publicar a convocatoria dunha nova edición do programa de mobilidade xuvenil Galeuropa, dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos que ten como principal obxectivo reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ofrécense un total de 20 prazas; máis concretamente, as mobilidades ofertadas levarán ás persoas seleccionadas a Cork (Irlanda, con 4 prazas), Italia (Sicilia, con 8 prazas) e Malta (8 prazas). Ditas prácticas en empresas deberanse realizar entre o 30 de agosto e o 30 de novembro. Ademais das propias prácticas e o seu seguimento, o programa Galeuropa cubre a manutención, viaxe, seguro, aloxamentos e preparación lingüística das persoas mozas que participen.

 

O prazo establecido para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación da convocatoria nas webs municipais dos catro Concellos. As bases completas e a instancia a cubrir pódense consultar e descargar en http://www.viladecruces.gal

As persoas aspirantes ao programa Galeuropa 2019 terán que presentar por Rexistro de Entrada no Concello de Boqueixón a instancia (ficha de inscrición coa documentación requirida adxunta: copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículo vitae europeo en galego e en inglés e se é o caso xustificante de ser vítima de violencia de xénero, persoa con discapacidade ou persoa en risco de exclusión social), ou por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, (neste caso os/as aspirantes deberán comunicalo mediante e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias).

Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto a través do e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou dos teléfonos 981 814 566, 981 513 115, 986 582 017 ou 669 450 801.

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases completas, o extracto, así como descargar a instancia que se deberá presentar xunto coa documentación no Rexistro do Concello de Boqueixón.

 

 

Attachments:
Download this file (bases_galeuropa.pdf)Bases galeuropa.pdf[ ]178 kB
Download this file (EXTRACTO.pdf)Extracto[ ]168 kB
Download this file (ficha_de_inscricion.pdf)Ficha de inscrición[ ]172 kB