Saúdo do Alcalde

Benvidos á páxina web do Concello de Vila de Cruces, na que poderá atopar abundante información sobre o que foi históricamente este Concello, dende que no século IX, e debido á noticia do traslado do Apóstolo Santiago, o "Lugar de las Cruces" converteuse nun punto de encontro e descanso de peregrinos e comerciantes, e o que é na actualidade: un concello cunha riqueza paisaxística e excelente ubicación xeográfica que o converten nun territorio privilexiado.

En Vila de Cruces ten lugar unha armoniosa confluencia de pontes romanas, muiños de auga, castro, casas rurales, mosteiros, igrexas románicas, museos (como A Solaina en Piloño ou o de Neira Vilas en Gres), un observatorio astronómico ...

Benvidos e grazas pola súa visita