Descrición

Neste apartado faise unha descrición pormenorizada do Concello de Vila de Cruces, tanto dende o seu aspecto xeográfico, coma dende o aspecto económico, social e cultural.

Vila de Cruces é un concello mediano da zona norte do interior da provincia de Pontevedra, cunha poboación en torno ós 6400 habitantes, de carácter rural e que está encravado nunha impresionante paisaxe de montañas e vales e rodeado por tres importantes ríos: Ulla, Deza e Arnego.

A pesar de ser un municipio principalmente adicado ó sector primario, cada vez é maior a diversificación da economía e parte dos habitantes do concello adícanse á industria ou ós servizos, xa sexa dentro do propio municipio ou en municipios próximos de maior tamaño, como por exemplo a capital de Galicia, Santiago de Compostela.

E o apartado cultural e deportivo é enorme e moi variado.

Nos distintos apartados que aparecen reflectidos na marxe esquerda pódese afondar máis en cada un destes aspectos.