Turismo

Gastronomía

O produto estrela da gastronomía de Vila de Cruces é o Galo de Curral en torno ao que se vén celebrando nos últimos anos unha importante festa gastronómica declarada de interés Turístico Galego.

Tradicionalmente os galos criábanse en total liberdade, cunha alimentación natural composta basicamente por millo, trigo,verzas e herbas. Este sistema de crianza fai que a súa carne acade uns altísimos niveis de calidade e un exquisito e inigualable sabor.

Recollendo esta tradición no ano 1992 o Concello de Vila de Cruces creou a FESTA GASTRONÓMICA DO GALO DE CURRAL que ao longo das súas edicións foi medrando en fama e popularidade, asistindo gran cantidade de público a degustar o producto, así como a presenciar os actos culturales e lúdicos que acompañan a festa. O galo de Curral pode ser degustado durante todo o ano nos restaurantes de Vila de Cruces, e pódense adquirir galos vivos ou sacrificados a través da Asociación de Criadores (teléfono 986 532 385), ou na FEIRA DO NADAL DO GALO DE CURRAL que se celebra en datas próximas ao Nadal.