RUTAS

A "Senda do Deza", preséntase como unha alternativa diferente para os visitantes que desexen descubrir elementos característicos do concello de Vila de Cruces. Todos eles, próximos ao río Deza, o principal protagonista desta senda.

Esta é unha ruta para realizar a pé, posto que a maior parte do seu percorrido realízase sobre carreiros que se abren entre o bosque natural de Vila de Cruces. Desta forma, gózase dun ambiente completamente natural.

Durante os seus 4,6 Km (aproximadamente) poderá descubrir elementos pertencentes ao patrimonio do concello, como son: a ponte dos cabalos, a capela de San Paio e a ponte do río Deza. Sen deixar de lado, os elementos naturais e bosque de árbores autóctonas.

Rutadodeza.kml

Rutadodeza.kmz